Xunta de Escola

A Xunta de Escola é o máximo órgano de goberno da nosa escola, e é aqui onde se toman as principáis decisións que afectan á mesma. Dende a aprobación de orzamentos, calendarios de exames ou horarios, ata decisións de maior envergadura como a creación dun novo máster.

Actualmente está composta por 33 membros, dos cales, 11 son representantes do alumnado, 15 pertencen ao Personal Docente e Investigador Permanente (PDI A), 3 son Persoal Docente e Investigador non Permanente (PDI B) e 4 son Personal de Administración e Servizos (PAS).

É labor da Xunta de Escola elixir ao Director da escola e ao seu equipo directivo, actualmente composto por Humberto Javier Michinel Álvarez (Director), Higinio González Jorge (Subdirector), María Begoña Cid Iglesias (Subdirectora) e María Nieves Lorenzo González (Secretaria).

Parte das decisións da Xunta de Escola deléganse en algunha das 3 comisións delegadas cas que conta.

Xunta de Escola | Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (uvigo.es)