• Ir al contenido principal
Delegación do Estudantado da EEAE

Delegación do Estudantado da EEAE

Benvidos á páxina web da Delegación do Estudantado da EEAE!

Últimas novas!!

Convocatoria de Xunta de Delegación

Eugenio Vladislav Cegarra Mauriz
18 de agosto de 2021

Boas tardes, Infórmase da convocatoria dunha Xunta de Delegación Ordinaria aos e ás Representantes do Alumnado: Data e hora: 18/08/2021, ás 18:00 en primeira convocatoria (prioritaria) e ás 18:30 en segunda convocatoria. Orde do día:   1. Aprobación das actas das Xuntas de Delegación anteriores 2. Inclusión de puntos, se procede 3. Informe da Dirección 4. Informe das comisións 5. Informe, de ser preciso, doutras accións levadas a cabo polos membros da DEAE 6. Aprobación, se procede, dos Regulamentos de funcionamento de comisión pendentes 7. Debate para a redacción dun novo Regulamento para a Comisión de Graduación 8. Elección de membros das comisións de Xunta de Escola nas que existan vacantes 9. Informe e debate do protocolo a seguir nas vindeiras Eleccións a Delegado/a de Curso 10. Debate sobre a organización do San Aero 2021 e sobre a organización dun ciclo de conferencias 11. Debate e toma de decisións sobre a actuación da DEAE durante o ano académico 2021-2022 12. Modificación, de ser preciso, dos membros das Comisións da DEAE 13. Resolución de dúbidas sobre as novas ferramentas dixitais da DEAE 14. Rogos e preguntas Un saúdo. Enrique García García Secretario da DEAE Regulamento de funcionamento de comisión – Graduación BORRADOR Regulamento de funcionamento de comisión – Comunicación BORRADOR Regulamento de funcionamento de comisión – Divulgación Sanitaria BORRADOR Convocatoria Xunta DEAE 18-8-2021 Acta_XuntaDEAE_28-05-2021 Acta_XuntaDEAE_3-05-2021

Seguir lendo Convocatoria de Xunta de Delegación

Convocatoria de Xunta de Delegación Extraordinaria

Eugenio Vladislav Cegarra Mauriz
9 de agosto de 2021

Boas tardes, Infórmase da convocatoria dunha Xunta de Delegación Extraordinaria aos e ás Representantes do Alumnado: Data e hora: 28/05/2021, ás 21:30 en primeira convocatoria e ás 22:00 en segunda convocatoria. Lugar: Telemática Orde do día: 1. Inclusión de puntos se procede 2. Informe de Dirección 3. Explicación das novas ferramentas dixitais da DEAE 4. Elección dun novo ou dunha nova vogal para a AEAE 5. Rogos e preguntas Un saúdo. Enrique García García, Secretario da DEAE

Seguir lendo Convocatoria de Xunta de Delegación Extraordinaria

A nosa organización

A Delegación do Estudantado da Escola de Enxeñaría Aeronáutica e do Espazo (DEAE) nace da unión nun solo órgano de os/as representantes do alumnado da nosa escola. 

As nosas funcións son bastante diversas. Levamos a cabo labores de enlace entre os alumnos e os profesores, realizamos enquisas e sondeos entre o alumnado co fin de mellorar o posible a docencia e organizamos eventos e actividades de interese para o alumnado.

Saber máis

Onde atoparnos

O noso despacho atópase no Pavillón de Estudantes (edificio que alberga a oficina do banco Santander).