Infórmase da convocatoria dunha Xunta de Delegación Ordinaria aos e ás Representantes do Alumnado:
Data e hora: 18/08/2021, ás 18:00 en primeira convocatoria (prioritaria) e ás 18:30 en segunda convocatoria.
1. Aprobación das actas das Xuntas de Delegación anteriores
2. Inclusión de puntos, se procede
3. Informe da Dirección
4. Informe das comisións
5. Informe, de ser preciso, doutras accións levadas a cabo polos membros da DEAE
6. Aprobación, se procede, dos Regulamentos de funcionamento de comisión pendentes
7. Debate para a redacción dun novo Regulamento para a Comisión de Graduación
8. Elección de membros das comisións de Xunta de Escola nas que existan vacantes
9. Informe e debate do protocolo a seguir nas vindeiras Eleccións a Delegado/a de Curso
10. Debate sobre a organización do San Aero 2021 e sobre a organización dun ciclo de conferencias
11. Debate e toma de decisións sobre a actuación da DEAE durante o ano académico 2021-2022
12. Modificación, de ser preciso, dos membros das Comisións da DEAE
13. Resolución de dúbidas sobre as novas ferramentas dixitais da DEAE
14. Rogos e preguntas